Esta axuda foi adicada a dúas liñas de actuación: Ampliación de equipamento e adecuación do espazo das oficinas de Gaitafilmes (Meira). Ampliación de equipamento e adecuación do espazo do Estudio de Edición Cinematográfica Gaitafilmes - Mestre. Estudo de posprodución situado nunha palleira típica galega, ubicada na aldea de Mestre (Ribeira de Piquín). Trátase dun estudio flexible de creación artística, especialmente adicado aos procesos de edición e etalonaxe, orientado a filmes con especial sensibilidade artítistica. Oficina central Gaitafilmes en Meira (Lugo) Mellora de equipamento para a oficina que a produtora posúe en Meira. Entre outras actuacións, adquiríronse novos equipos, entre eles un PC de sobremesa e pantallas especificas de etalonaxe, así como periféricos de almacenamento de última xeración. Estudio de Edición Cinematográfica Gaitafilmes - Mestre O estudio Gaitafilmes - Mestre está formado por dúas alturas. Na parte superior con zona para a edición cinematográfica, etalonaxe e proxección e a parte inferior con zona residencial: cociña, dormitorio, baño e salón, así como espazos exteriores habilitados para zona de descanso e inspiración. Os procesos principais que se levan a cabo no estudio son os de montaxe e postprodución de vídeo, sendo un lugar flexible a adaptable a outras propostas. Todo o gasto en adecuación do espazo físico destinouse a este lugar. Neste mesmo estudio instaláronse a maioría dos equipos profesionais de edición e cor, equipos de son, ordenador Mac, periféricos específicos de estudio de posprodución, accesorios, proxectores e pantallas profesionais, etc. Todo esta inversión foi clave para proporcionar un servizo de aluguer nun espazo ideal para a creación artística, así como diferentes servicios profesionais de edición que o noso público obxectivo (produtoras nacionais e internacionais, directores, editores, coloristas, escritores, etc.) poidan demandar.